Lugar: Local Social de ARO

Horario: DE 09:30 a 13:00 Horas

Datas:

  • 2 de outubro para os propietarios de primeiro apelido que comece pola letra «A» ata a letra «L» ambas incluidas.
  • 3 de outubro para os propietarios de primeiro apelido que comece pola letra «M» ata a letra «Q» ambas incluidas.
  • 4 de outubro para os propietarios de primeiro apelido que comece pola letra «R» ata a letra «Z» ambas incluidas.

Para poder recoller a documentación é importante ter en conta os seguintes extremos:

  • Farase entrega da documentacion aos titulares que deberán comparecer co seu DNI ou documento equivalente.
  • No caso de matrimonios con bens gananciais calquera dos dous membros poderá recoller a documentación.
  • No caso de matrimonios con bens privativos será necesaria autorización do titular dos bens para que o outro membreo poida recoller a documentación.
  • Se o titular non puidera recoller a documentación persoalmente, poderá autorizarr a outra persoa a facelo. Neste caso deberase achegar unha autorización asinada por ambos, acompañada de fotocopia do DNI da persoa que autoriza. A persoa autorizada deberá presentar o seu DNI ou documento equivalente.
  • No caso de propietarios falecidos, calquera dos herdeiros pode recoller a documentación presentando o certificado de defunción, e acreditando co testamento ou documento equivalente a súa condición de herdeiro, xuntando ademáis as autorizacions do resto resto dos herdeiros segundo o descrito no parágrafo anterior.
  • No caso de que o propietario sexa unha sociedade a persona que pretenda recoller a documentación deberá acreditar suficientemente a sua representacion.

Os planos e o plan de cultivos poderánse consultar na páxina WEB da Xunta de Galicia:

http://mediorural.xunta.gal/nc/areas/infraestruturas/concentracions_parcelarias/publicacions/